viernes, 23 de julio de 2010

EROSTEMIA II


vou sedenta a abrevarte o breve bico
e a núa estalagtita que repousa na húmida caverna
coma unha serpe de veludo e amorodos
cuspe un manxar de lúas e de musgo

coa gadaña de acibeche que coroa
este cráneo de cerva namorada
segando vou, e vou a modo
polos teus eidos lacteos e de trigo

e coma non¡ deixalos peregrinos
os dedos que procuran
con fame de noites e de abismos
a doce ponla que repousa adurmiñada

luminoso e afoutado desprega o capitán
velas de azul e de ternuras
cautivo o cíclope e vencido

No hay comentarios:

Publicar un comentario