viernes, 23 de julio de 2010

EROSTEMIA II


vou sedenta a abrevarte o breve bico
e a núa estalagtita que repousa na húmida caverna
coma unha serpe de veludo e amorodos
cuspe un manxar de lúas e de musgo

coa gadaña de acibeche que coroa
este cráneo de cerva namorada
segando vou, e vou a modo
polos teus eidos lacteos e de trigo

e coma non¡ deixalos peregrinos
os dedos que procuran
con fame de noites e de abismos
a doce ponla que repousa adurmiñada

luminoso e afoutado desprega o capitán
velas de azul e de ternuras
cautivo o cíclope e vencido

miércoles, 14 de julio de 2010

micropoemas 1


Son Grial ó que acodes gorentoso,
triángulo invertido ou touza ou medusa ou amazonía
que escancia -cántas veces-, almibre de froitos madurados
para túas aberturas tan prezadas


martes, 13 de julio de 2010

DEBULLANDO EN TI COMA NO MILLO


tris-tris-tris-tris: debullando en tí coma no millo
chas-chas-chas: sachando en tí como na horta
rii-rii-rii: afiando en tí coma ó coitelo
tas-tas-tas: forxando en tí como a gadaña
cet-cet-cet: tecendo en ti coma unha rede
plas-plas-plas: andando en tí como carreiro
xas-xas-xas: rozando en tí coma nas sebes
grou-grou-grou: sacíandome de tí coma do viño

EROSTEMIA 1


couza terca enceto no teu falo ou samesuga nutrida e acibeche
nas horas nas que deberiamos estar a facer circos protectores nos camiños
eu, en tolemia de estadea o estadullo procuro sen acougo.

Lapo as túas pelotas de granito con degoiro carnívoro
batendo marea de saliva, a miña lingua como arma
naquelas horas apropiadas ós morcegos,eu cobizando o carballo que me ha nutrir.

bebo do manancial o líquido derramado e cheirame o bico a castiñeiro en flor